Deporte Galego

"Babybasket" solidario en Ourense

  • 13 Abril 2018 |

A Delegación FGB en Ourense celebra este domingo, 15 de abril, unha convocatoria "Babybasket" de carácter especial. A que sumará a quinta xornada desta competición amigable zonal na presente temporada 2017 - 2018 celebrarase nesta ocasión baixo a organización de Bosco Salesianos Ourense e será o escenario dunha colaboración do propio club e a Federación Galega de Baloncesto coa Asociación Española Contra o Cancro.

O Polideportivo Salesianos acollerá na mañá do domingo (de 11.00 h a 13.45 h) unha nova quenda de encontros da indicada categoría babybasket, contando coa presenza de 17 equipos que desfrutarán aprendendo, convivindo e xogando en formato “4x4”, e sendo, ademais, parte dunha importante causa social.

Xunto a FGB e Salesianos Ourense estarán nesta cita representantes da Asociación Española contra co Cancro na súa delegación en Ourense, dispostos neste caso a trasladar información a quen o desexe e recadar fondos con accións concretas durante toda a mañá. Así, o público asistente poderá compartir coa AEEC o seu tempo e solidariedade compartindo un café por tan só un euro, ou facéndose con pulseiras promocionais por ese mesma módica achega económica.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka