O Monbus Obradoiro - Movistar Estudantes da Liga Endesa será o "Partido do Federado"

Xoves, 12 Abril 2018 16:07

O Monbus Obradoiro continúa a semana de adestramentos para preparar o partido deste domingo, ás 18:00 horas, na pista do Delteco GBC (Movistar Deportes 2 - Dial 56). Unha semana despois, o Fontes do Sar volverá abrir as súas portas para recibir ao Movistar Estudiantes (sábado 21, ás 19:00 horas), no que será o Partido do Federado, encontro para o que xa están as entradas á venda.

Así, os federados con licencias da Federación Galega de Baloncesto poderán comprar entradas a 9 € en Tribuna 2, ou a 15 € en Tribuna 1, ata un máximo de 4 entradas por persoa.

As entradas poden adquirirse ata o propio día do partido a través da nosa páxina web, introducindo o código FEGABA1718, así como nas oficinas do club de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, ou no despacho de billetes o día de partido.

Así mesmo, durante o descanso, o club realizará unha homenaxe ás Seleccións Autonómicas masculinas e femininas das categorías Cadete, Infantil e Minibasket, que participaron nos diferentes Campionatos de España, tanto xogadores como equipos técnicos.

O prezo xeral das entradas para este partido é de 25€ en Fondos, 35€ en Tribuna 2, 45€ en Tribuna 1 e 49€ en Retráctil. Os prezos en Tarifa Xuvenil (entre 13 e 17 anos) son 19€ en Fondos, 25€ en Tribuna 2, 35€ en Tribuna 1 e 39€ en Retráctil. Na Tarifa Infantil (entre 5 e 12 anos) os prezos son de 15€ en Fondos, 19€ en Tribuna 2, 29€ en Tribuna 1 e 35€ en Retráctiles.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.