Aberto o prazo de inscrición para o “6º DÍA do PEQUEBASKET”

Luns, 09 Abril 2018 09:01

Escola Basket Xiria abre o prazo de inscrición para a sexta edición do DIA DO PEQUEBASKET, evento que, un ano máis, conta coa colaboración directa da Federación Galega de Baloncesto. A organización espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 600 nenas e nenos de 5 a 8 anos de idade, que gozarán xunto ás súas familias dunha xornada de deporte, cultura, xogos e, sobre todo, diversión.

Para seguir ao día de toda a información dispoñible sobre o evento permanece xa activa a páxina web: www.diapequebasket.es.

Ao mesmo tempo que seguen a chegar solicitudes de información de novos clubes que nunca participaron, o equipo organizador do DIA DO PEQUEBASKET avanza na programación dos distintos apartados da actividade, que ten un marcado carácter familiar e que supón, ao mesmo tempo, unha homenaxe do baloncesto carballés ao Día das Letras Galegas.

O prazo de inscrición rematará o vindeiro día 4 de maio e as solicitudes tramítanse a través da Federación Galega de Baloncesto, no enderezo electrónico: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e mediante o envío da correspondente solicitude de inscrición que achegamos xunto a esta información. 

Nesta sexta edición, que supón todo un grande esforzo a nivel organizativo e un novo reto, haberá novidades respecto ás actividades lúdicas, nas que xa se está a traballar por parte de Escola Basket Xiria, entidade que agradece a implicación do Concello de Carballo e Carballo Deporte, da Deputación Provincial da Coruña e da Federación Galega de Baloncesto, así coma de todos os patrocinadores do Club e dos colaboradores pola boa acollida que dispensan ao DIA DO PEQUEBASKET.

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.