Deporte Galego

IV Torneo "Basket sen Barreiras"

  • 15 Marzo 2018 |

(Info: C.b. Nigrán) Club Baloncesto Nigrán e Federación Galega de Baloncesto organizan a cuarta edición do "Torneo Basket sen Barreiras" que se celebrará os días 26 e 27 de marzo no pavillón do Colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para entregar ao Centro Juan María co fin de colaborar na oferta de servizos e novos proxectos para as persoas con discapacidad intelectual.

 

O torneo desenvolverase ambos os días, 26 e 27 de marzo; en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá servirán especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade. Para iso contarán co Club AMFIV e o Centro Juan María, que disputarán diferentes partidos cos xogadores e xogadoras das diferentes categorías do CB Nigrán e do CB Caselas como club convidado.

Para as xornadas de tarde habilitaranse 3 pistas nas que xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías minibasket, preminibasket e baby. Estas dúas últimas o luns de tarde e a categoría minibasket pechando o torneo o martes de tarde. Varios clubs da provincia pontevedresa confirmaron xa a súa asistencia a esta cita, rexistrándose entre eles: PBB, CAB Pontevedra, Cluny ou Defensores. Os encontros serán arbitrados por colexiados da Federación Galega de Baloncesto a través do seu Comité de Árbitros, que participa no evento de xeito altruísta.

IMG-20170411-WA0101 1

Cada participante realizará un donativo para colaborar co centro Juan María que será depositado na urna solidaria situada o Pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores así como o resto de persoas asistentes poderán colaborar tamén con este fin solidario aportando o seu donativo.

Durante os dous días de competición realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes que consistirán en material deportivo cedido por entidades e empresas da localidade que colaboran co CB Nigrán.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka