VI Xornada de Harmonización do Minibasket Galego

Mércores, 07 Marzo 2018 18:30

Chega unha nova edición para a “Xornada de Harmonización do Minibasket Galego”. Por sexta temporada consecutiva, a área deportiva FGB aposta por unha cita na que abordar o Minibasket dende múltiples puntos de vista coa implicación de protagonistas pertencentes a diferentes áreas de actuación no marco do baloncesto e da práctica deportiva en xeral.

O Colexio Manuel Peleteiro, como estreito colaborador da FGB, será o epicentro desta VI Xornada de Harmonización, a celebrar o vindeiro domingo, 18 de marzo. As instalacións do centro educativo de Santiago de Compostela acollerán as actividades programadas, repetindo, de seguro, o grao de satisfacción recollido nas pasadas edicións tanto dos participantes como dos pais e público asistente.

A convocatoria de traballo, que se estenderá durante toda a mañá do domingo; contará coa participación de 20 adestradores, 171 xogadores e os seus familiares, parte imprescindible tamén do evento.

Entre todos, e con oco para as diferentes visións do Baloncesto en categoría Minibasket, darase vida ao seguinte cronograma:

ADESTRAMENTOS DE TECNIFICACIÓN - 09:15 h - 14:00 h

Xeración 2008

(09:15 h) Chegada e entrega de documentación.

(09:45 h -11:15 h) Adestramento.

(11.30 h) Foto oficial.

(11:45 h) Charla - coloquio.

(13:45 h) Recollida.

Xeración 2009

(10:30 h) Chegada e entrega de Documentación.

(11:15 h - 12:30 h) Adestramento.

(12:30 h) Foto oficial.

(12:45 h) Charla - Coloquio.

(13:45 h) Recollida.

Xeración 2010

(11:00 h) Chegada e entrega de documentación.

(11:15 h) Foto oficial.

(11:30 h) Proxección de vídeo.

(12:30- 14:00 h) Adestramento.

(14:00 h) Recollida.

CHARLA- COLOQUIO. 11.30 h - 13:30 h

Rubén Domínguez (Psicólogo Deportivo e Adestrador A.D. Cortegada- Liga Feminina 2).

Arantxa Mallou (Xogadora CB Arxil - Liga Feminina 2).

Leticia Fernández (Responsable Área Saúde FGB).

Guillermo Ríos (Árbitro FEB).

Tito Díaz (Adestrador profesional e Seleccionador Galego Cadete Masculino).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.