Deporte Galego

Actívase o proceso electoral para as Eleccións FGB

  • 27 Febreiro 2018 |

A Federación Galega de Baloncesto, co fin de dar cumprimento ao Decreto 16/2018 de 15 de febreiro, comunica o inicio oficial do Proceso Electoral para as eleccións a membros da Asemblea, Comisión Delegada e Presidente desta Federación.

O primeiro paso deste Proceso realízase este mesmo martes, 27 de febreiro; coa exposición do Censo Electoral Inicial, que xa se pode consultar nos documentos que achegamos. 

Respecto ao mesmo, remarcamos que o vindeiro 28 de marzo rematará o prazo para:

- A petición de aquelas entidades deportivas que soliciten que no Censo figuren como o seu representante e como o seu votante unha persoa distinta do presidente.

- A presentación de aclaracións, rectificacións ou reclamacións ao mesmo.

Ambos trámites de solicitude e presentación deberán realizarse mediante escrito remitido á Xunta directiva da Federación Galega de Baloncesto, que valorará os escritos presentados procedendo, no seu caso, á emenda ou á corrección do censo electoral inicial.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka