Novas citas co BABYBASKET

Venres, 15 Decembro 2017 18:00

O formato Babybasket vivirá este domingo, 17 de decembro; tres novas paradas da súa recentemente iniciada traxectoria nesta temporada 2017 – 2018.

Tras o seu inicio exitoso, vivido en novembro en Vigo e a pasada fin de semana en Sarria, nesta xornada dominical será a quenda para catro novas sedes repartidas ao longo da nosa Comunidade.

Deste xeito, e abrindo o ciclo nas súas correspondentes delegacións, o Babybasket será protagonista no Barco de Valdeorras (Pavillón Calabagueiros) da man de 9 equipos diferentes e coa colaboración directa de Femenino Sil; e en Santiago de Compostela (Pavillón dos Tilos) contando coa participación de 14 clubs e baixo a organización de C.B. Galogrín. 

Pola súa banda, celebrando a segunda convocatoria da temporada a delegación zonal viguesa trasladará tamén este formato 4x4 ás vilas de Porriño e Salceda de Caselas, dobrando así no domingo a oportunidade de ver desfrutar do basket aos xogadores e xogadoras máis novos.

Galería de Imaxes - Babybasket 2017 - 2018

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.