Regresa o BABYBASKET

Mércores, 15 Novembro 2017 17:46

A temporada 2017 – 2018 vive o agardado e celebrado regreso dun formato que se estrou no anterior ciclo competitivo amosando o poder e valor do baloncesto entre os xogadores máis novos de toda Galicia.

Co imprescindible compromiso e colaboración dos clubs, colexios e escolas muncipais; as sete delegacións zonais porán de novo en marcha as concentracións BABYBASKET, citas nas que nenos e nenas nados entre 2010 e 2012 entran en contacto co deporte da man da canastra, e desfrutan con ela da convivencia cos compañeiros.

phoca thumb l 1-dsc02071

En formato de xogo 4x4 e aloxándose plenamente dun carácter competititivo, esta fórmula naceu e asentouse a pasada temporada, resultando un éxito en cada rincón da xeografía galega que visitou, e pechando o seu primeiro ano por todo o alto cunha concentración autonómica, vivida e disfrutada na vila da Estrada o mes de xuño.

Con estas expectativas e cos actuais meses de novembro e decembro marcados para o seu inicio, é a delegación zonal FGB en Vigo, da man de Celta Baloncesto Feminino e Colexio Miralba; quen estreará a “competición” BABYBASKET desta volta. O arrinque terá lugar este domingo, 19 de novembro; contando coa participación de 12 clubs ou colexios que se repartirán nos pavillóns de Navia e Colexio Miralba.

A súa será a primeira das experiencias, de seguro gratificantes, que nesta 2017 - 2018 deixaranos o BABYBASKET, unha aposta pola formación, a aprendizaxe e a diversión, impulsada pola Federación Galega de Baloncesto en 2016 e que chegou para quedarse.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.