Peche de temporada para a “Master Senior League"

Xoves, 29 Xuño 2017 10:23

A cuarta tempada da “Master Senior League-Clínica Jacinto López” toca este sábado,un de xullo; ao seu fin cunha xornada de clausura que, por terceiro ano consecutivo, terá a Praza de Galicia en Vilagarcía de Arousa, sede permanente desta competición; como excepcional marco.

Os doce equipos participantes nesta edición da pioneira liga de baloncesto 3x3 para maiores de 30 anos amparada pola Federación Galega de Baloncesto terán a oportunidade de desenvolver as súas habilidades nun lugar emblemático de Vilagarcía e ante a presenza dos moitos afeccionados que cada ano alí concéntranse para gozar dunha modalidade deportiva que será olímpica en Tokyo 2020.

Os partidos darán comezo ao redor das 10:00 horas e iranse definindo progresivamente as eliminatorias para a clasificación final para culminar co emparellamento que decidirá o campión desta edición. Unha mañá de baloncesto que servirá de festa para unha competición na que participan ao redor de 75 xogadores e que aumenta cada ano a súa participación.

Cabe recordar que os encontros dispútanse a 20 minutos, sen deter o crono e que se daría antes por concluído si algún equipo alcanzase unha anotación de 21 puntos.

Non faltarán os agasallos e as sorpresas para os xogadores nunha clausura que contará tamén cun concurso de triplos no momento previo á final. Ademais, todos aqueles interesados en gardar o seu reserva de participación para a próxima tempada, xa sexa a nivel individual ou como equipo, xa o poderán facer nun punto de recolleita de inscricións que se situará na propia Praza de Galicia durante toda a mañá do sábado.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.