Escola Basket Xiria presenta o V Día do Pequebasket

Mércores, 10 Maio 2017 09:58

O 17 de maio Carballo será, por quinto ano consecutivo, capital galega do baloncesto para os máis cativos. 650 xogadores de entre 5 e 8 anos e 55 equipos de toda a comunidade citaranse na zona do Pavillón Carballo Calero para gozar do "V Pequebasket", unha data subliñada no calendario de clubs de Viveiro, Ourense, Lugo, As Pontes, A Coruña, Santiago, Ferrol, Porto do Son, Sarria, Teo, Vigo, Culleredo, Ponteceso, Cee, A Laracha e, claro está, a nosa localidade. A organización corre a cargo, coma sempre, da Escola Basket Xiria, que conta coa colaboración do Concello, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto.

Do interese que esperta cada ano esta xornada de convivencia, deporte, saúde e amizade (que clausura, ademais, a tempada das Escolas de Iniciación do Basket Xiria) fala o feito de que houbese que pechar a inscrición once días antes da celebración do evento, e logo de ampliar ata 55 o número máximo de equipos participantes, inicialmente establecido en 49.

O Pequebasket 2017 presentouse este martes, 9 de mayo; nun acto no que foi anfitrión o presidente da xestora do Casino, Ricardo Vilas, e no que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente da Escola Basket Xiria, Marcos Díaz Molk; o responsable de Deportes da Deputación, José García Liñares, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín.

“Nos nosos soños chegaríamos aos 1.000 participantes -asegurou Molk-, pero, por presuposto, tivemos que pechar a inscrición en case 650. Os cartos para o Pequebasket –engadiu- non son un gasto, son un investimento de futuro: en educación, en adestradores, en saúde”. Entre os agradecementos do presidente do Basket Xiria, ademais do alcalde e do edil de Deporte, Marcos Trigo, estivo o concelleiro de Turismo e Promoción Económica, Xose Regueira, “un dos impulsores do Pequebasket desde a primeira edición”, dixo.

Francisco Martín mostrouse gratamente sorprendido do “percorrido que está a ter o Pequebasket” e confesou que cando a Federación Galega puxo a andar o BabyBasket fíxoo tendo sempre moi presente o torneo do Basket Xiria. “Chámese Pequebasket, Babybasket ou como se chame, Carballo ten que ser un referente no baloncesto galego para rapaces desta idades”.

Para Liñares, o Pequebasket “ten un aspecto importantísimo, que é o da convivencia: a convivencia fomenta a educación e, loxicamente, a través da educación seremos moito máis libres”.

O alcalde de Carballo lembrou o nacemento de varias das seccións de Xiria no ano 1983. “Pero o que é máis importante de todo –dixo- é que moitas persoas que formaron parte de Xiria desde hai moitos anos sigan vinculadas ao club, porque o que claramente demostra isto é que os proxectos que teñen sentido son os colectivos, e os proxectos colectivos son os que lle dan vida a un pobo. Neste aspecto, todos nos temos que sentir moi afortunados de dicir que en Carballo o deporte é tremendamente relevante: no baloncesto e noutras categorías deportivas”.

Os 55 equipos participantes nesta edición son: 

CB Viveiro de Lugo

AD Bosco Salesianos de Ourense

Franciscanos de Lugo

EDM Ponteceso

CB As Pontes

CD Los Rosales de A Coruña

ADM Peleteiro de Santiago

CB Mercedarias de Ferrol

CB Costa Artabra

AD Franciscanos de A Coruña

CB Porto do Son

CB Artai de Carballo

CB Sarria

Cristo Rey de A Coruña

CD San José de Cluny de Santiago

CB Basquet Coruña

CB Universitario de Ferrol

Estudiantes de Lugo

Club Jesuitinas de A Coruña

CD Galogrin de Teo

ACB Costa da Morte de Cee

CD María Auxiliadora de Lugo

Celta Baloncesto de Vigo

Basket School de Ferrol

CB Culleredo

AAA Dominicos

EMB A Laracha

Escola Basket Xiria

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.