"Hoxe xogamos todos!", partido solidario a favor de Down Compostela

Luns, 13 Marzo 2017 18:24

A empresa ELECTRODOMÉSTICOS CENOR reúne no seu 25 aniversario a Obradoiro CAB, SD Compostela e Santiago Futsal. Esta cita especial, que leva por nome "Hoxe xogamos todos!", terá lugar o vindeiro 22 de marzo nun partido amigable moi particular cuxa recadación destinarase integramente a favor da Fundación Down Compostela. 

Os tres clubs misturaranse entre si para competir en común e xogar ao baloncesto e ao fútbol sala en catro equipos xa creados. O primeiro, adestrado por Moncho Fernández e composto por Fran Cárdenas, Artem Pustovyi, Rosco Allen, Catela, Hugo Sánchez, Víctor López, Cabrejo, Tomás, Ube e Bellido. O segundo por Juan Castro Lombos, Nacho Llovet, Deividas Dulkys, Pablo Tallón, Chino, Isma, Lucas, Saro, Samuel e Nogueira, tendo a Santi Valladares como adestrador.

No terceiro equipo estarán Santi Yusta, Shayne Whittington, Mickey McConnell, Santi Valladares, Armando, Mel, Lorenzo, Uña, Diego Rei, Santi, e Iago Iglesias como adestrador. O último, composto por Pepe Pozas, Adam Pechacek, Eimantas Bendzius, os irmáns Antonio e Álex Diz, Chema Mella, Taboada, Make, David Rei e Mon, con Javier González como adestrador. Xogaranse dúas semifinais consistentes en 10´Fútbol e 10´Basket e, tras o respectivo descanso, chegará a gran final entre os dous equipos “clasificados”.

As entradas para este evento, deportivo e solidario, poden mercarse a un prezo de 5€ nas oficinas de Down Compostela e no Mercado de Abastos de Santiago, Tiro Libre Scq, REI ZENTOLO e Multiusos Fontes do Sar – C.D. Santa Isabel.

A posibilidade de colaborar coa FILA 0 tamén está aberta coa seguinte referencia: ES88 2080 5355 6530 4004 1523 (ABANCA)

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 

Colaboradores FGB

Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.