As Federacións Deportivas denuncian a pouca inversión da Xunta de Galicia no deporte galego

Xoves, 09 Marzo 2017 09:02

- Para o ano 2017 só se destinan o 0,22% dos orzamentos totais para o deporte galego

- Nos últimos 8 anos o deporte galego baixou máis do 50%.

(Información: UFEDEGA) No día de hoxe celebrouse unha xuntanza en Santiago de Compostela á que acudiron una ampla representación de Federacións Deportivas Galegas para tratar asuntos comúns que lles preocupan.

As federacións denuncian o pouco peso específico que ten o deporte en Galicia nos orzamentos aprobados recentemente polo Parlamento Autonómico. Cun teito histórico de 9.063 millóns de euros, o executivo galego só destina 19,2 millóns ao deporte galego, incluídos, entre outros, os 2,8 millóns para a Universidade da Coruña e os 1,89 millóns para a Fundación Deporte Galego. Este porcentaxe do 0,22% é ínfimo e moi por debaixo da relevancia social da práctica deportiva e do impacto económico e saudable do propio sector.

Dáse a circunstancia de que Galicia está á cabeza da obesidade infantil en España, o que “non sorprende” aos dirixentes deportivos cando se coñecen os datos dos orzamentos.

Durante os últimos 8 anos os orzamentos do deporte galego pasaron de 41,2 millóns de euros a 19,2 millóns na actualidade, algo que retrata a triste realidade da actual situación.

As federacións deportivas galegas, a pesares do teito orzamental de mais de nove mil millóns da Xunta de Galicia, non recuperaron o nivel das subvencións conveniadas pola Secretaría Xeral para o Deporte e atópanse na actualidade ao 67% da partida respectiva de fai tan só seis anos. Esta grave situación pon en perigo, incluso, ao desenvolvemento das funcións públicas delegadas pola propia administración autonómica ás federacións.

A Xunta de Galicia, a pesares do recoñecemento que fixo á figura da UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas) o ano pasado na Lei do Deporte de Galicia, non concede ningunha subvención a este organismo, ao contrario que as comunidades autónomas que a teñen recoñecida á similar (Cataluña, País Vasco, Andalucía, Madrid, Castilla e León… etc). Isto agrava moito máis á situación das federacións deportivas galegas asociadas que atopan nesta figura unha axuda para xestionar temas de interese común e abaratar custos, aparte de supoñer unha ferramenta útil ao propio deporte galego.

As federacións solicitarán ao presidente da Xunta de Galicia e aos diferentes grupos políticos parlamentarios, maior apoio real ao deporte galego. Asemade, pedirán á Secretaría Xeral para o Deporte que faga públicas nos vindeiros días as puntuacións respectivas por apartados dos baremos dos convenios do ano 2017 que aínda non se asinaron, provocando un gran retraso e preocupación.

Asemade, supón un paradoxo que a Xunta de Galicia, a través da Lei do Deporte, obrigue ás federacións a aprobar os orzamentos dun exercicio económico, durante o último trimestre do ano anterior, cando a estas alturas da tempada as federacións aínda non coñecen as cuantías das subvencións.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto