Deporte Galego

XXVIII Copa Galicia Sénior Masculina: Río Natura Monbus, Campión

  • 22 Setembro 2013 |

Consulta aquí o resultado e estatísticas:

FINAL - 22/09/13

Rio Natura Monbus - C.B. Breogán
(20 - 22, 13- 16, 16 - 9, 18 - 13) (67 - 60)
(12.30 h) (Multiusos Fontes do Sar)
(Árbitros: Miguel Ángel Pérez, Carlos Cortés, Jacobo Rial)

Río Natura Monbus e .C.B. Breogán ofreceron esta mañá de domingo, no Multiusos Fontes do Sar, unha final de Copa Galicia de gran calado, propia dunha competición que suma xa a súa vixésimo oitava edición.Os afeccionados puideron gozar dun partido que ofreceu igualdade ata ben entrado o seu desenlace, proclamando campión, por cuarto ano consecutivo, a Río Natura Monbus, anfitrión á súa vez do torneo.

Ambos equipos amosáronse combativos e dispostos a non deixar escapar a oportunidade, mantendo sempre aberta a posibilidade da vitoria e animando o xogo a medida que crecían os minutos.

Os homes de Lisardo Gómez foron protagonistas no inicio, ofrecendo unha valente resistencia ante o conxunto compostelán, que tivo que apertar e recalcular para poder chegar ao seu punto xusto e definir o trunfo. Os coruñeses asinaron unha gran primeira metade de partido, na que a súa intensidade e claridade de ideas forneceunos de vantaxes ben resoltas, que os levaron a liderar o electrónico e o xogo. A defensa obradoirista sufría o óptimo compás do rival e o partido íase ao descanso 33 - 38 a favor deste.

A segunda metade da final virou as tornas e atopouse cun Breogán que cometía erros en defensa e ao que xa lle fallaba a gasolina. En fronte, pola contra, un Río Natura que se viña arriba, non sen esforzo, e melloraba sustancialmente nas situacións dun contra un. Os locais emendaban así, e grazas ao acerto final no tiro exterior, as imprecisións ante canastra sumadas nos minutos previos.

Nos intantes decisivos, e non sen incerteza, a intelixente xestión do tempo de Río Natura Monbús gañaba a partida claramente, declarábao campión da Copa Galicia e brindáballe o aplauso de todo o público. Unha afección que tamén soubo recoñecer o labor de C.B. Breogán, digno rival ata o asubío final.

Das filas do campión, recollíase tamén outra boa noticia, a do MVP do encontro, con 25 de valoración, para Mike Muscala, impecable no seu papel e figura clave nesta cita.

Trofeos na XXVIII edición

lete

Río Natura Monbus recibiu a súa cuarta Copa Galicia de mans do Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, quen entregou o preciado trofeo ao capitán obradoirista, Oriol Junyent.

COB

Pola súa banda, C.B.Breogán, como subcampión e brillante finalista, recolleu tamén o recoñecemento ao seu esforzo. Foi, neste caso, o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, quen felicitou aos breoganistas pola súa gran actuación.

"la Caixa" co MVP

"la Caixa", patrocinadora oficial da FGB, quixo estar presente tamén xunto ao Baloncesto Galego nesta a súa festa de pretemporada, sendo a responsable de premiar ao MVP. Mike Muscala recibiu así un agasallo cortesía de "la Caixa" do que lle fizo entrega a de Directora de Area de Negocios da entidade en Galicia, María Jesús Domínguez.

MUSCALA

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka