Deporte Galego

Super User

Super User

Comunicado Competicións FGB 2020 - 2021

A Federación Galega de Baloncesto, tras reunión da súa Xunta Directiva celebrada na tarde do martes, 22 de setembro; desexa comunicar os seguintes puntos aclaratorios de cara ao presente e futuro escenario para o Baloncesto Galego:

A Copa Galicia 2020 - 2021 cobra vida

A Federación galega de Baloncesto, tras solicitar autorización correspondente á Secretaria Xeral para o Deporte para a disputa da Copa Galicia en categoría Sénior, e recibir da mesma as instrucións precisas relativas ao protocolo concreto a seguir xunto coas indicacións e requirimentos obrigatorios que deberán complementar este, pon en marcha a organización da competición.

Comunicado da Unión de Federacións Deportivas Galegas: #DeporteSeguro

O deporte galego está a pasar por un dos momentos máis difíciles da súa historia. A incidencia da COVID-19 na nosa sociedade provocou un escenario económico incerto e repleto de novos retos para todas as entidades e organismos que pelexan no día a día para promocionar algo tan esencial e saudable nas nosas vidas como é a práctica deportiva.

O CAD Manuel Pelteiro - FGB consolídase cunha nova temporada de aprendizaxe

40 alumnos, forzas renovadas e profesorado de calidade para unha nova temporada formativa no Centro de Actividades Deportivas(CAD) Manuel Peleteiro – FGB. O Curso 2020 - 2021 para este proxecto formativo conxunto da Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Manuel Peleteiro, nado en 2018; arrinca este domingo, 13 de setembro; e faino de xeito presencial entre rigurosas medidas de control sanitario e respectando os protocolos precisos.

Fondo pesar polo falecemento de Rogelio Bermúdez

A Federación Galega de Baloncesto, encabezada polo seu Presidente e representada por todo o seu persoal directivo, administrativo e deportivo, desexa amosar as súas máximas condolencias polo falecemento de Rogelio Bermúdez. Toda unha referencia e lenda para o Baloncesto Ferrolá e, en extensión, para todo o Baloncesto Galego, Rogelio deixa no noso recordo unha pegada imborrable.

Somos Baloncesto!

A Federación Galega de Baloncesto continúa traballando para poder volver a vivir coas máximas garantías, unha nova temporada que agardamos poida comezar pronto e sempre con toda a seguridade e cumprindo os protocolos.
Queremos desfrutar do que máis nos gusta, e facelo entre todos. 

Suscribirse a este canal RSS

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka