Deporte Galego

O Breogán dispón descontos especiais nos seus abonos para federados

  • 01 Octubre 2013 |

O club lucense presenta unha atractiva campaña de abonados para unha nova tempada en Adecco Ouro que empeza este mesmo sábado, en casa, ante Unión Financeira Baloncesto Oviedo (19.15 h).

O CB Breogán quere premiar aos baloncestistas máis novos coa posibilidade de adquirir un abono para esta tempada 2013 - 2014 a un prezo moi vantaxoso.

En virtude deste obxectivo, todos os xogadores e xogadoras ata categoría júnior que presenten a súa ficha ou documento que acredite que se atopan federados en Galicia, terán unha redución do 50% no seu carné de tempada.

Será imprescindible presentar a documentación no momento de darse de alta e o desconto aplicarase sobre a tarifa do grupo de idade ao que pertenza o interesado (Infantil ou Mozo).

A información de tarifas está dispoñible na web do club: www.cbbreogan.com

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  Logo Ufedega AVATAR RRSS concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka