Deporte Galego

Real Club Celta pecha a súa "3º semana de adestramentos - AEEB"

  • 06 Febreiro 2012 |
Las jugadoras del primer equipo vigués y los participantes en la "3º semana de entrenamientos" (Foto:Real Club Celta)
Las jugadoras del primer equipo vigués y los participantes en la "3º semana de entrenamientos" (Foto:Real Club Celta)

Real Club Celta - Bosco cumpriu esta semana o seu compromiso coa Asociación Española de Adestradores de Baloncesto, a FEB e a Federación Galega de Baloncesto, no marco do programa "3º Semana de Adestramentos LF", proxecto mediante o cal os clubs desta categoría abren as portas do seu traballo a todos aqueles adestradores que o solicitan de xeito oficial e dentro duns prazos marcados á súa respectiva Federación Autonómica.

Así, entre o 29 de xaneiro e o recente día catro do presente mes, un total de 6 adestradores galegos fixeron súa esta posibilidade, a de coñecer de primeira man, á beira de responsables técnicos e xogadoras, o día a día dun equipo de elite como o vigués, sesións técnicas e físicas incluídas.

Jose Luís Mejuto (Defensores do Morrazo), Xosé Leyenda (C.B. Baiona), Ignacio Silva (C.B. Vigo AM), Cristina Castells (R.C.Celta - Bosco), Rafael Viña (San José da Guía) e Miguel Brasa (Salesianos) foron os afortunados que tiveron a oportunidade de ser un máis dentro da semana de traballo celeste de cara a preparar o seu encontro ante Gran Canaria 2014 La Caja de Canarias (04/02/12. 61 - 77).

Todos eles involucráronse de xeito absoluto na dinámica deportiva do club, implicado tamén de cheo, con Carlos Colinas á cabeza, coa iniciativa da AEEB. A disposición de todos resultou inmellorable, propiciando ata reunións nas que intercambiar impresións deportivas e profundar en conceptos tales como a planificación dun equipo, sobre o papel e no posterior rigor do día a día. Sen dúbida, unha experiencia inesquecible.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka