Deporte Galego

A canteira do baloncesto ferrolán en xogo no II Memorial Manolo Pardo

  • 16 Marzo 2012 |

O II Memorial Manolo Pardo cobra vida. Na mañá deste xoves o Concello de Ferrol acolleu a presentación da segunda edición deste torneo de categoría infantil, organizado polo Ferrol Club Baloncesto e o Concello de Ferrol, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. 
A cita en cuestión agrupará a seis equipos infantís da comarca de Ferrolterra que disputarán, divididos en dous grupos, unha liguiña inicial a dobre volta, e unha posterior fase final, programada para os días 21 e 22 de abril.

En concreto serán Mercedarias Hotel Suízo, Electro Rayma Narón, CB Irmandiños, Ferrol CB Asador Gavia, Ferrol CB Grupo Carrís e Club Baloncesto As Pontes os equipos que configuren a competición, a cal leva o nome dun dos baloncestistas máis laureados da zona, o primeiro e único xogador ferrolán que chegou a militar na selección española absoluta, coa que logrou unha presea de ouro nos Xogos do Mediterráneo do ano 1955.

Durante a presentación deste xoves foi o presidente do Ferrol Club Baloncesto, José Rilo, o encargado de lembrar a figura de Manolo Pardo, como un pioneiro do baloncesto ferrolán de elite, o primeiro de moitos outros xogadores nados en Ferrol que lograron chegar ao máximo nivel, non sen antes formarse en todas as categorías de base. Por este mesmo motivo, e tal e como recordou Rilo, é fundamental apoiar á canteira e incentivar o desenvolvemento deste tipo de torneos.

No mesmo acto, e promovendo tamén o baloncesto de base ante os medios de comunicación, estiveron presentes a concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós; o Vicepresidente Segundo da FGB, José Manuel Villamarín; e o director deportivo do propio Ferrol C.B; Luís Barbeito.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence