Deporte Galego

Carlos Maceiras, este sábado, na "Aula Técnico Formativa – La Academia" do Real Club Celta

  • 22 Xaneiro 2014 |

Esta proposta inclúe a posibilidade de validar a participación na mesma por 3 HORAS DE FORMACIÓN para os Alumnos actuais dos Cursos FGB para adestradores nos seus niveis de Iniciación, Nivel 1 ou Nivel 2.

A "Aula Técnico Formativa – La Academia" do Real Club Celta chega cunha nova proposta didáctica para a que elixe como protagonista ao adestrador superior e actual Técnico en Escolas Deportivas Ourense, Carlos Maceiras.

Programada para este sábado, 25 de xaneiro (Vigo, 13:00 h); esta nova sesión práctica, orientada a adestradores, achegará da man de Maceiras unha interesante temática coas idades en formación como campo de traballo.

Así, baixo o título: “enriquecendo exercicios en formación. Como adecuar un exercicio ao Baloncesto da nosa categoría”, detallaranse sobre a pista do Pavillón de Navia diferentes formulacións e ideas, marcadas pola bagaxe e experiencia do propio Carlos Maceiras.

Os adestradores interesados en participar desta convocatoria da “Aula Técnico Formativa – La Academia" poderán facelo de xeito completamente libre, tendo a oportunidade os alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB de validar a súa presenza nesta sesión por tres horas de formación continua.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka