Deporte Galego

Os campións autonómicos júniors reciben os seus trofeos

  • 30 Abril 2012 |
As xogadoras celestes, campioas júnior 2011 - 2012
As xogadoras celestes, campioas júnior 2011 - 2012

As Ligas FGB comezan a vivir as súas primeiras cerimonias de celebración de campionatos e entrega dos trofeos que acreditan os mesmos.

A primeira categoría en abrir este capítulo foi a júnior, coa conclusión esta mesma fin de semana da competición regular con Marín PeixeGalego, en masculino, e Real Club Celta Novacaixagalicia, en feminino, coroando a clasificación definitiva.

Os dous equipos, con evidente satisfacción polo seu liderato, recibiron en forma de Copa, das mans de diferentes representantes da FGB, o recoñecemento ao seus respectivos Campionatos. As xogadoras celestes recolleron o seu trofeo a través do Director Executivo e Director Técnico da Delegación en Vigo, José Luis Pérez. Pola súa banda, os de Marín rubricaron o seu título nunha entrega dirixida polo Delegado FGB en Arousa, José Luis Renda.

Subcampionatos, tamén premiados
As traxectorias como subcampións de Compañía de María de Vigo, en feminino, e de Estudiantes de Lugo Leyma Natura, protagonizaron tamén o seu merecido apartado nesta fin de semana. O Vicepresidente Primeiro da FGB, Alberte Zato, achegouse ata Pontevedra, localidade na que diputaba o seu último partido Compañía de María, para, de xeito oficial, facerlle entrega da Copa de Subcampión. Do mesmo xeito, en terras lucenses, Estudiantes de Lugo festexaba o seu 2º posto na clasificación final, exemplificado nas súas medallas e trofeo.

Próxima parada: Campionato de España
Coas cerimonias de entrega de trofeos os catro equipos júnior dan comezo ao tramo final da temporada: a súa relevante presenza nos Campionatos de España de Clubs. Nesta ocasión, os catro teñen dereito a unha praza nestas citas estatais. Tanto os campións como os subcampións representarán nas mesmas a Galicia a partir do vindeiro 13 de maio. Zaragoza será a cidade que os acollerá neste propósito e que, agardemos, lles reporte máis boas novas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence