Deporte Galego

Cenor Cluny e ADFRO, protagonistas no IX "Memorial You"

  • 10 Maio 2012 |

O baloncesto masculino centra a atención esta fin de semana dunha nova cita co "Memorial YOU". A tradicional lembranza que o CB Cluny realiza á desaparecida xogadora lucense Yolanda Núñez Pena, suma este domingo, 13 de maio, a súa novena edición.

O equipo santiagués, que goza da colaboración da Federación Galega de Baloncesto e do patrocinio de Cenor Electrodomésticos, conta nesta edición co ADFRO como rival, bloque co que compartiu grupo esta temporada na liga regular da Segunda División Sénior Masculina.Bos coñecedores ambos do xogo do contrario, ofrecerán un atractivo encontro, propio para unha convocatoria xa tradicional como esta. O enfrontamento está programado para as 11.00 h no Pavillón da entidade compostelá.

Recoñecemento a María Teresa Cano Pan
O Cenor Cluny - ADFRO servirá ademais como especial homenaxe a María Teresa Cano Pan, actual presidenta do ADFRO e á que o C.B. Cluny desexa recoñecer e agradecer o seu traballo e compromiso co baloncesto galego ao longo de máis de 25 anos.

Esta consideración a María Teresa, á que sen dúbida tamén se suma a Federación Galega de Baloncesto, exemplificarase coa entrega dun pequeno recordo á propia protagonista, que compartirá con todos os asistentes a este IX Memorial a súa ledicia por ser parte dunha ocasión tan especial.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence