Deporte Galego

Fase de Ascenso a 1ª Feminina: Arxil e Universitario Campus Ourense, en xogo

  • 10 Maio 2012 |

Arxil Mafari Café e Universitario Campus Ourense afrontan como representantes galegos, dende a tarde deste venres, a Fase de Ascenso a 1º División Feminina.

Dita competición, que ten lugar na localidade de Astillero, está organizada directamente pola Federación Cántabra. Á participación galéga nesta terra súmaselle a dos equipos de Asturias, Castilla León e a dos locais da propia Cantabria.

Como campioas e subcampioas autonómicas, respectivamente, pontevedresas e ourensás disputarán no Pavillón da Cantábrica (Astillero) as súas opcións de facerse cunha das dúas prazas de ascenso en xogo.

O debut galego producirase na tarde do venres (20.30 h) da man de Universitario fronte ao vixente campión de Castilla León, "Tierra de Burgos". Pola súa banda, as xogadoras do Arxil saltarán o sábado a pista para verse as caras ante o asturiano Innobasket.

Remitimos a continuación o calendario completo desta Fase de Ascenso a 1º División Feminina, á que estar ben atentos ata a xornada do domingo, data establecida para as finais:

Grupo A1                 Grupo A2
Arxil Mafari Café      Tierra de Burgos
Innobasket              Ventanas Arsan
                              Universitario Campus Ourense
10/05/12 - 20:30h
Ventanas Arsan - Tierra de Burgos

11/05/12- 20:30h
Tierra de Burgos - Universitario Campus Ourense

12/05/12 - 16:30h
Arxil Mafari Café - Innobasket

12/05/12 - 18:30h
Ventanas Arsan - Universitario Campus Ourense

13/05/12 - FINAIS
10:30h. 2º Grupo A1 - 2º Grupo A2
12:30h. 1º Grupo A1 - 1ª Grupo A2

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence