Deporte Galego

7º Convivencia Benxamín C.B. O Meco

  • 16 Maio 2012 |

Dende as 10.00 h da mañá deste xoves, 17 de maio, o Pavillón Municipal Monte da Vila acollerá a un total de 200 rapaces que grazas aos esforzos organizativos do club anfitrión darán vida a toda unha festa do minibasket: a "7º Convivencia Benxamín C.B. O Meco"

Unha edición máis, e compaxinando o baloncesto con diferentes actividades lúdicas e de ocio, os xogadores máis novos da Delegación en Arousa terán a oportunidade de amosar porqué desfrutan tanto deste deporte, facendo as delicias, á súa vez, de todos os afeccionados.

Un total de 12 clubs, representados por 20 equipos de categorías masculina, feminina e mixta, ocuparán o pavillón, dividido en catro pistas. Os seus encontros estenderase dende primeira hora da mañá ata ben entrada a tarde, tempo xa para entregar agasallos e premiar a todos os participantes.

Esta "7º Convivencia Benxamín" contará ademais coa colaboración do Comité Galego de Árbitros, que trasladará ata o Grove a colexiados de Arousa e Vigo. Eles serán os encargados de dirixir os partidos e, á súa vez, darán conta dun actividade formativa de mans de técnicos do propio CGAB nesta zona.

Coa colaboración de todos, clubs, colexiados, entidades institucionais e patrocinadores, O Grove volverá a vivir unha exitosa cita co baloncesto base, alicerce fundamental do traballo do C.B. O Meco. O calendario da mesma pode consultarse aquí.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence