Deporte Galego

VII Torneo de Minibasket Baiona 2013

  • 18 Decembro 2013 |

Disputarase do 27 ao 29 de decembro con máis de trescentos cincuenta xogadores alevins. 

A Concellaría de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona, a través do seu pavillón deportivo, e o Club Baloncesto Baiona, son os responsables da organización deste evento, que naceu no ano 2006 coa colaboración de Caixanova, e coa pretensión de afianzar o deporte basee na vila baionesa e de crear un precedente de calidade deportiva cun torneo que, a curto prazo, converteuse nun referente nacional.

Baiona volve a apostar polo baloncesto coa celebración do VII Torneo de Minibasket Baiona 2013. Os días 27, 28 e 29 de decembro Baiona acollerá a sétima edición do seu Torneo de Minibasket Baiona 2013 de alevins, unha cita anual que alcanzou gran prestixio nacional, non só pola dedicación ás categorías inferiores do deporte, senón tamén pola calidade e o nivel dos equipos que nel toman parte.

O evento foi presentado esta mañá na Sala de Plenos do Concello de Baiona con ampla presenza de representantes das institucións e entidades que o promoven, entre os que destacan o propio alcalde, Jesús Vázquez Almuiña; Mª Jesús Martins, concelleira de Deportes, acompañada da Deputada Marta Igrexas; Guillermo Reinaldo, do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia; María del Río, do departamento de Publicidade de NGB; María Troncoso de Cocacola; e Alfonso Mandado e Xose Lenda do club Baloncesto Baiona.

O Torneo de Minibasket conta co apoio da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Excma. Deputación de Pontevedra, GADIS, Torvigo, Coca-Cola e Federación Galega de Baloncesto, respectivamente.

Tendo como marco dos encontros o Pavillón Deportivo Municipal da vila baionesa, 24 serán os equipos que disputarán o prezado trofeo, 12 en categoría masculina, e outros tantos en categoría feminina.

Representando os intereses de 18 das mellores escolas do baloncesto alevín galegas, nacionais e portuguesas, sendo as participantes en
Categoría masculina: CB Baiona, Novobasketvigo, Marín, Porriño, 6 Nadal, Tui, Estudantes de Lugo, Compañía de María, Allariz, Maia Portugal, Braga Portugal e Sagrado Corazón de Lugo.

Categoría feminina: CB Baiona, Celta, Marín, Porriño, 6 Nadal, Arxil Pontevedra, Carmelitas Ourense, Compañía de María, Allariz, Limienses de Portugal, Cluny Santiago e Bosco de Ourense.

As cifras arroupan a importante mobilización en loxística que necesita o evento deportivo: 320 xogadores, 24 equipos, 18 entidades e 100 voluntarios.

O torneo desenvólvese en 3 fases:

Fase 1: 27 de decembro
Un concurso de tiro á canastra de ámbito social e promocional reunirá en Baiona a xornalistas, autoridades e xogadores do primeiro equipo Celta de Baloncesto así como a todos aqueles pais e nenos que queiran participar no acto, que servirá de preámbulo festivo do gran Trofeo Minibasket ás 17.00 horas.

Esta experiencia tivo moi boa acollida durante as pasadas edicións, non só entre os invitados especiais, senón entre o público que asistiu ao desafío na cancha, e onde tamén tiveron ampla representación os pais e nais das xogadoras e xogadores do Club Baloncesto Baiona e os habitantes da vila, socializando o Torneo Caixanova.

Fase 2. Fase de grupo: 28 de decembro
Fase clasificatoria onde os equipos participarán distribuídos en 4 grupos de 3 equipos dos que se clasificarán os dous mellores de cada un deles para a terceira fase.

Fase 3. Play off Final: 29 de decembro
Fase a eliminatoria directa onde os oito equipos clasificados, tanto en categoría masculina como feminina, iranse eliminando a partido directo ata coñecer aos campións.

As finais están previstas para o domingo, 29 de decembro, a partir das 16.00 h a Masculina, e 17.00 h a Feminina. Ás 18.00 h chegará a queda do acto de clausura.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka