Deporte Galego

A Agrupación deportiva Seis do Nadal - Coia festexa os seus 30 anos de historia

  • 09 Decembro 2013 |

- O pasado día un de decembro o Pavillón Central de As Travesas, en Vigo, foi o escenario da Presentación Oficial e Cumpreanos desta entidade, cuxa aportación ao Baloncesto galego actual é ampla.

- Máis de 1.200 deportistas de Basket, Balonmán e Ximnasia Rítmica foron os protagonistas deste acto, no que a FGB estivo representada a través do seu director executivo na Delegación en Vigo, José Luis Pérez.

O pasado domingo, un de decembro, a Agrupación Deportiva Seis do Nadal – Coia celebrou a súa presentación oficial no Pavillón Central de As Travesas, en Vigo.

Esta posta de longo, que deu inicio ás 18.00 h da tarde, reuniu a todos os integrantes da indicada Agrupación, os cales se xuntaron para conmemorar, ademais, os seus "30 Anos de Historia", cumpridos, con moita forza, neste 2013.

Máis de 1.200 deportistas (xogadores, xogadoras, técnicos e responsables) foron os protagonistas desta festa na que, por suposto, o Baloncesto tivo especial visibilidade entre todos os participantes que encheron a pista e as gradas do Pavillón.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka