A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, en colaboración con diferentes clubs e colexios de Lugo, organiza este venres, 6 de decembro, unha xornada de formación dedicada a xogadores e xogadoras de minibasket.
A actividade comprende un día enteiro de aprendizaxe e diversión a desenvolver no Pavillón Municipal de Frigsa coa seguinte planificación e horarios:
11:00 h - 13:30h
Presentación e distribución de grupos.
Traballo de situacións técnicas aplicadas ao xogo: dribling, pase, tiro, finalizacións, posicionamientos defensivos, etc.
13:00 h:Visita de xogadores do C.B. Breogán
14:00 h: xantar e xogos de tempo libre.
16:00 h - 19:00 h
Adestramentos de ritmo e técnico-tácticos.
Situacións de xogo 1c1, 2c2 e 3c3.
Competicións.
Tiro, circuítos, two ball, habilidade, etc.
Os adestramentos estarán dirixidos por adestradores titulados, algúns deles adestradores superiores, dos diferentes clubs e centros educativos que participarán nestas xornadas.
A actividade ten un custe de 10 euros, incluíndo a comida e o uso das instalacións. Esta cifra abonarase á chegada ao Pavillón o mesmo día da actividade.
Para inscribirse debe enviarse un e-mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou mensaxe de whatsapp (669 54 40 57) indicando nome e apelidos do participante, club de procedencia, e-mail e teléfono de contacto.