Deporte Galego

CB Golfiños de Sada promove o debate sobre o Baloncesto Galego

  • 04 Abril 2019 |

O presente e o futuro do Baloncesto Galego porase sobre a mesa este venres, 5 de abril; nunha cita especial organizada polo CB Golfiños de Sada. Nesta localidade coruñesa, e coa colaboración do Concello local e da propia Federación Galega de Baloncesto, Golfiños organiza (19.00 h. Sala de plenos municipal) un coloquio no que se debaterá sobre a situación actual e a proxección do baloncesto na nosa Comunidade. E para facelo contará cuns convidados de plena trascendencia na materia.

A lista de participantes abrirase co Presidente FGB, Francisco Martín; e co Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Perez. Ambos achegarán a visión federativa, a cal se completará coa perspectiva dos clubs, grazas a presenza de Andrea Pérez, Xogadora de Maristas Coruña (Liga Feminina 2); Suso Lázare, Presidente Club Banoncesto Breogán; Carlos Álvarez, Presidente do R.C Celta Baloncesto, Juan Carlos Fernández; Vicepresidente do Básquet Coruña; e Pepe Casal, Presidente da Fundación Heracles e actual coordinador equipos de formación de Obradoiro CAB

Esta oportunidade de profundizar na realidade e no escenario futuro do Baloncesto Galego será de portas abertas para toda aquela persoa que desexe achegarse e participar, todo baixo a batuta do xornalista Fran Hermida, que actuará como moderador.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka