Deporte Galego

FGB e Colexio Salesianos amplían a súa relación

  • 15 Xaneiro 2019 |

Federación Galega de Baloncesto e Colexio Mª Auxiliadora Salesianos Ourense renovan para esta temporada o seu acordo establecido no inicio do pasado ano 2018 co obxectivo de realizar diferentes actividades do ámbito federativo nas instalación do centro educativo.

En virtude da actualización deste convenio, citas coa formación para adestradores e árbitros, convocatorias de tecnificación ou otro tipo de eventos incluidos na axenda de traballo 2018 - 2019 da FGB terán lugar de novo na sede do Colexio Mº Auxiliadora Salesianos un escenario a súa disposición.

As bases desta colaboración foron ratificadas por escrito da man dos dous máximos representantes de ambas as institucións: o presidente Paco Martín por parte da FGB; e o Director do Colexio, Lupicinio Peña. Ambos confían un ano máis na unión de forzas para continuar ampliando o espazo adicado ao baloncesto na cidade das burgas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis

 

ence