Deporte Galego

I Campus De Minibasket “Concello Da Laracha”

  • 06 Xullo 2018 |

Esta primeira edición da actividade conta coa colaboración do Concello da Laracha e da Federación Galega de Baloncesto.

Escola Basket Xiria realizará entre os días 1 e 14 do vindeiro mes de agosto a primeira edición do seu Campus de Minibasket ‘Concello da Laracha’, unha novidosa iniciativa dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos e que se marca como obxectivo o perfeccionamento da técnica individual, a psicomotricidade e o tiro a canastra dos participantes.

Cun total de corenta e dúas prazas dispoñibles, a pretensión inicial deste I Campus de Minibasket "Concello da Laracha” é a de desenvolver xornadas de adestramentos con dous grupos diferenciados por idades. Ambas sesións –que serán dirixidas polos técnicos Basilio Pampín, Roi Vega e Sito Cabado- realizaranse en horario de mañá (de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00 horas) nas instalacións do pavillón polideportivo Municipal da Laracha.

Toda a información do Campus, así como os detalles para tramitar a posible insciricón poden consultarse na web oficial do clube

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka