Campus "Lago de As Pontes 2017"

Venres, 15 Decembro 2017 17:06

O C.B. Baloncesto As Pontes celebra este Nadal unha nova edición do seu “Campus Lago de As Pontes”, actividade que conta coa colaboración da FGB e do propio Concello local.

Do 27 ao 30 de decembro; os pavillóns CPI Monte Caxado e Municipal de As Pontes acollerán o Campus "Lago de As Pontes 2017", convocatoria que xurde co obxectivo da mellora da técnica e táctica individual e colectiva dos seus participantes.

Dirixido a xogadores desde 5 a 14 anos, que se distribuirán en grupos segundo as súas capacidades, esta cita deportiva, que suma este ano a súa sétima edición, contará coa dirección técnica do adestrador galego Chiqui Barros, e a colaboración de numerosos adestradores chegados de toda Galicia.

Na web oficial do C.B. As Pontes pode consultarse a información completa referida a esta edición do Campus, así como as posibilidades de inscrición no mesmo.

Validación Formativa FGB

A presente edición do “Campus Lago de As Pontes” conta coa colaboración da Área Deportiva FGB no apartado formativo, outorgando un total de 12 horas de FC e computando 1 CETI a todos aqueles adestradores que participen de xeito íntegro nesta cita.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.