O Rio Natura Monbus Obradoiro presenta o V Clínic “Desmontando ao adestrador axudante”

Luns, 19 Xuño 2017 09:26

O Rio Natura Monbus Obradoiro presentou oficialmente a quinta edición dunha cita xa máis que consolidada: o Clínic “Desmontando ao adestrador axudante”. A presentación tivo lugar no Hotel NH Collection, membro do Club de Empresas Obradoiro, e anunciáronse os seis ponentes de luxo cos que se contarán nesta edición.

Esteban Iglesias, director do NH Collection de Santiago de Compostela, foi o encargado de dar a benvida aos asistentes e asegurou que este clínic “é un proxecto que desde o seu inicio, no hotel, viamos como un evento moi positivo porque no baloncesto actual os adestradores axudantes son fundamentais para o desenvolvemento da Liga, a competición e o baloncesto e sen o seu traballo este deporte actualmente sería totalmente distinto. Desde que coñecemos a idea inicial do clínic dixemos que queriamos colaborar. E aquí estamos un ano máis”.

Pola súa banda, José Luís Mateo, director xeral do Rio Natura Monbus Obradoiro, explicou que “estamos aquí para presentar unha das actividades das que máis orgullosos nos sentimos. Botando a vista atrás vemos nomes de prestixio internacional e actuais primeiros adestradores ACB e europeos, que pasaron por Santiago a contribuír na formación dos adestradores galegos”.

O director xeral engadiu que “é un clínic, o único que existe en España, enfocado ao labor dos adestradores axudantes, pero que tamén serve aos que exercen de primeiros polos contidos das charlas. Este ano volvemos ter un cartel de primerísimo nivel. Van estar aquí os Campións de Liga e Copa de Grecia, Liga Endesa e Copa do Rei, FIBA Champions League”.

“Para nós este clínic - engadiu - constitúe unha excelente oportunidade de reivindicar e recoñecer o importante labor do noso equipo técnico, que tivo unha influencia decisiva nos resultados que está conseguindo o club nos últimos anos, tanto a nivel colectivo como individual coa proxección de moitos xogadores”.

José Manuel Castelao, representante de relacións cos clubs da FGB, explicou que “a FGB quere mostrar o seu agradecemento ao Rio Natura Monbus Obradoiro porque isto é cultura, é deporte. Esta promoción que están facendo é unha formación profesional necesaria para que haxa máis e mellores deportistas e máis e mellores adestradores. Desde o primeiro momento que se creou este clínic estamos apoiándoo e seguiremos facéndoo”.

Gonzalo R. Palmeiro, adestrador axudante do Rio Natura Monbus, especificou que “nesta edición quixemos centrar, a diferenza doutros anos, a atención das charlas ao redor dunha temática: o traballo individual cos xogadores. Como adestradores axudantes temos varias funcións dentro do corpo técnico e unha delas é precisamente o traballo individualizado cos xogadores, de mellora individual, un traballo no que creemos firmemente porque mellora o rendemento do equipo a curto e longo prazo”.

Gonzalo continuou explicando que “todos os ponentes desenvolverán as súas charlas tendo como base o traballo de mellora individual do xogador ao longo da tempada. Cada convidado vén de realidades diferentes, de competicións moi distintas, algúns teñen ata dúas competicións ou máis durante a tempada e a forma e filosofía coas que fan esta tarefa difire moito dun club a outro”.

Víctor Pérez, adestrador axudante do club, desgranou a lista de convidados desta quinta edición: “Íñigo Zorzano, adestrador axudante do Panathinaikos, que ofrecerá unha charla titulada “Como mellorar tácticamente aos nosos xogadores”; Paco Redondo, adestrador axudante do Real Madrid, que falará sobre o “Traballo de bote con xogadores exteriores"; Marco Justo, adestrador axudante do CB Canarias, que tratará a “Xestión da contorna dun xogador novo nun equipo profesional”; Jaume Ponsarnau, adestrador axudante do Valencia Basket e da Selección Española Absoluta, que charlará sobre a “Organización e metodoloxía das sesións individuais”; Alberto Blanco, adestrador axudante do Lietuvos Rytas, que debaterá sobre a “Utilización do video para a mellora individual do xogador”; e, para rematar, Rubén Vieira, preparador físico do Rio Natura Monbus, que explicará a “Tecnificación física individual durante a tempada”.

Inscrición

A inscrición ao Clínic pode realizarse desde este luns nas oficinas do club ou no correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , enviando o formulario de inscrición xunto aos xustificantes de pago na conta ABANCA ES23-2080-0375-1930- 4001- 8467 e de desconto, de ser o caso.

As tarifas son de 25 euros en prezo xeral ou 20 para adestradores FGB e abonados, podendo os alumnos dos cursos de adestradores FGB validar a súa participación baixo este condicionante: 

Alumnos con título de iniciación: 6 horas.

Alumnos con título de Nivel 1, 2 o 3: 10 horas + 1 Ceti.

Ademais, con cada catro inscricións do mesmo club, unha será de balde e cada inscrito obterá de agasallo unha entrada para o primeiro partido de Liga da próxima tempada en Sar (con excepción do Real Madrid e FC Barcelona).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.