Adestradores: I Clinic "Vila de Cambados"

Venres, 09 Xuño 2017 09:29

Concello de Cambados, Federación Galega de Baloncesto e Club Xuventude Baloncesto promoven o "I Clinic Vila de Cambados", actividade a realizar no marco do XXXVIII Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebra na vila de Marín nestas datas.

Abrindo oportunidade para a participación de todos os adestradores galegos que o desexen, este "I Clinic Vila de Cambados" presenta un programa amplo que se materializará o vindeiro vernes, 16 de xuño; no Complexo Polideportivo “O Pombal” cos seguintes relatores:

(13.30 h) Manu Santos: “Iniciativa Defensiva”

(14.30 h) Picnic Coloquio

(14.45 h) Miguel Ángel Hoyo: “Atacar dende o 1º pase”.

(15.45 h) Café Coloquio

(16.00 h) Chiqui Barros: “2x2 técnica e táctica individual ofensiva ante as diferentes defensas do BD”.

As tres intervencións serán expostas en pista con xogadores, e terán unha duración máxima de 60 minutos. Da mesmas, froito da colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, os asistentes terán a posibilidade de validalas por 8 horas de formación complementaria e 1 CETI, sempre que sexan alumnos dos cursos de adestradores FGB.

Inscrición
Para tramitar a inscripción nesta primeira edición do Clínic "Vila de Cambados" é preciso efectuar ingreso bancario (ES93 2080 5414 6230 4010 4202) da cota de acesso (10 euros) e enviar, antes do mércores, 14 de xuño; o xustificante de pago, así como a reseña dos datos persoais (nome completo, DNI, e club de orixe) vía mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. .

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.