XI Torneo Internacional de Minibasket Baiona 2017

Luns, 03 Abril 2017 15:46

Club Baloncesto Baiona, coa participación da Concellería de Deportes do Concello de Baiona; o patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Gadis, Coca-Cola e Torvigo e a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, organizan o XI Torneo Internacional de Minibasket Baiona 2017, do que formarán parte 32 equipos minibasket entre as categorías masculina e feminina.

(Info: CB Baiona) Para esta ocasión a data escollida é a da fin de semana do 7, 8 e 9 de abril, e, de momento, a organización do Torneo vén de avanzar que a apertura do evento farase, como nas edicións pasadas, cos concursos de tiro (venres, sete de abril) aos que está convidados aqueles xogadores ou os seus familiar que desexen participar.

Nas xornadas do sábado, 8 de abril; e domingo 9, desputaranse as eliminatorias e as fases finais, respectivamente; recuperando o formato anterior de 16 equipos por categoría, o que supón máis baloncesto e animación para todos. Así mesmo, este ano, a cita contará co aliciente engadido da presenza de clubs de Castela León, Cataluña e Portugal, ademais da habitual e ampla participación de equipos da nosa Comunidade.

A presentación oficial deste XI Torneo Internacional de Minibasket Baiona 2017 celebrouse o pasado 29 de marzo, destacando na mesma, por parte da organización, a importancia que o evento ten non só a nivel deportivo e competitivo, senón tamén para a vila de Baiona e o Val Miñor, dado o gran número de implicados directos que asistirán (máis de 500) e a afluencia que reúne este torneo desde fai anos.

Toda a información e os detalles que xiran en torno a este XI Torneo Internacional de Minibasket Baiona 2017 poden consultarse na súa web oficial.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto