XIV Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro”

Venres, 31 Marzo 2017 08:44

Chega a XIV edición do Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro”, cita a celebrar no pavillón anexo ao Pazo dus Deportes de Lugo o vindeiro nove de Abril coa organización da Asociación Xuvenil Sagrado corazón e a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Federación Galega de Baloncesto; e institucións e empresas lucenses.

Esta convocatoria de 2017 para o xa tradicional Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro” configura unha oportunidade especial na que, baixo o seguinte programa, reuniranse os adestradores que máis tempo dirixiron ao C.B. Breogán:

(10:30 h) Recepción e entrega das planiñas do clinic.

(10:45 h) Lisardo Gómez: Defensa de cambios e do mismatch.

(12:30 h) Andreu Casadevall: Actividade defensiva.

(17:00 h) Natxo Lezkano: Xogar chegando como filosofía de xogo.

(18:45 h) Paco García: Construír defensa desde conceptos básicos.

Todas as charlas serán expostas en pista con xogadores e terán unha duración de 90 minutos. Ademais, froito da colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, os asistentes ao clínic terán unha validación de 10 horas federativas para os seus cursos de formación, que serán catro horas en caso daqueles adestradores inmersos no nivel dos cursos de iniciación.

Inscrición
Para tramitar a inscrición neste XIV edición do Clínic “Lugo é Basket Hierros Ferreiro” é preciso enviar datos persoais (nome completo, DNI e club de procedencia) vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) e efectuar un ingreso bancario (ES90 2080 0151 1930 4000 7121) de 25 €, ou 20 € se asiste un grupo de, polo menos, 3 membros.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.