III Torneo “Basket sen Barreiras”

Mércores, 29 Marzo 2017 09:01

O Club Baloncesto Nigrán prepara a III edición do seu torneo “Basket sen Barreiras” no que participarán clubs de toda a Comunidade

O Club Baloncesto Nigrán e a a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración coa Asociación Española contra o cancro (AECC), organizan a terceira edición deste os días 10 e 11 de Abril no pavillón do colexio de Panxón cun dobre obxectivo: romper obstáculos sociais a través do deporte e recadar fondos para a investigación contra o cancro.

Aínda que a data tope de inscrición de equipos é a do o 31 de marzo, xa a unha semana antes superouse o número de participantes con respecto á edición anterior, coa confirmación, a día de hoxe, de máis de 20 equipos entre os que se atopan as categorías base do Obradoiro de Santiago, o Pabellón Ourense, Porriño Baloncesto Base, Seis do Nadal ou Defensores do Morrazo, entre outros.

O torneo desenvolverase ambos días en horario de mañá e tarde. As xornadas de mañá servirán especialmente para visualizar e promover a integración social de persoas con algún tipo de discapacidade . Para iso contarán co Club AMFIV, o centro Juan María, a asociación ALENTO de dano cerebral e COGAMI, que disputarán diferentes partidos cos xogadores e xogadoras do CB Nigrán.

Para as xornadas de tarde habilitaranse tres pistas onde xogarán os equipos dos diferentes clubs participantes nas categorías minibasket, preminibasket e baby. Estas dúas últimas o luns de tarde, e a categoría mini pechando o torneo o martes de tarde.

Cada xogador participante realizará un donativo para a loita contra o cancro que será depositado na urna cedida pola Asociación Española contra o cancro e que se atopará no pavillón durante os dous días de torneo. Todas as familias de xogadores, así como o resto de persoas asistentes ao torneo, poden colaborar con este fin solidario aportando tamén o seu donativo deste xeito.

Durante os dous días de competición realizaranse sorteos de diferentes agasallos entre os asistentes que consistirán en material deportivo cedido pola Federación Galega de Baloncesto e outros cedidos por empresas da localidade que colaboran co CB Nigrán . Todo o recadado coa venda das rifas para estes sorteos así como o recadado na urna solidaria será entregado unha vez finalizado o Torneo á Asociación Española contra o cancro para a loita e investigación contra esta enfermidade .

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto