IV Campus Avanzado Baloncesto "Carmelitas Ourense"

Xoves, 16 Marzo 2017 17:48

O Club Carmelitas Vedruna organizará entre os días 24 e 30 de xuño o seu IV Campus Avanzado Baloncesto Carmelitas Ourense no Polideportivo Vedruna. Un ano máis, Ángel Navarro será o director técnico desta activade e contará coa colaboración dun staff técnico de luxo.

 

(Info: Carmelitas Vedruna) Miguel Ángel Ortega: adestrador do Perfumerías Avenida de Liga Feminina 1. Un dos adestradores nacionais mais relevantes do momento. Actual campión da Copa da Raíña e Seleccionador nacional de categorías inferiores.

José Ángel Rivera "Mozan": adestrador de categorías inferiores do Básquet Coruña. Un dos mellores adestradores galegos de Técnica individual e con ampla experiencia na xestión de canteiras deportivas.

Juan Norat: adestrador de Club Ourense Baloncesto en categoría EBA e coordinador de canteira deste clube. O traballo realizado estes últimos anos coa base sitúano como un dos adestradores que mellor e mais rendemento consegue con xogadores de proxección.

O campus contará tamén coa colaboración dos adestradores de Carmelitas Vedruna.

A novidade desta edición 2017 será a de desenvolver adestramentos nocturnos de alto rendemento dirixidos por Miguel Ángel Ortega, orientados a xogadoras profesionais ou de proxección. Para iso, confeccionarase un grupo reducido de xogadoras nadas entre 2001 ou anos anteriores co obxectivo de focalizar dous aspectos importantes no deporte de elite como son: incentivar a creatividade individual de cada xogadora e conseguir afianzar hábitos para ser unha xogadora completa (“all around player”)

Todos os interesados en recoller máis información deste IV CAMPUS AVANZADO BALONCESTO CARMELITAS OURENSE poden facelo vía telefónica (630613676)

 

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto