Comézase a traballar para o "V Día do Pequebasket"

Xoves, 16 Febreiro 2017 09:21

A directiva da Escola Basket Xiria e os colaboradores do Club están a a traballar dende fai varias semanas para dar forma a unha nova edición do DÍA AUTONÓMICO DO PEQUEBASKET, cita que unha vez máis celebrarase en Carballo o 17 de maio, Día da Letras Galegas dedicado este ano 2017 a Carlos Casares.

O presidente da EBX, Marcos Díaz Molk, co presidente FGB, Francisco Martín e Arturo Ferraces , Director deportivo EBX O presidente da EBX, Marcos Díaz Molk, co presidente FGB, Francisco Martín e Arturo Ferraces , Director deportivo EBX

(Info: EB Xiria) A Xunta Directiva representada polo seu presidente, Marcos Díaz Molk; e acompañado este polo Director Deportivo, Arturo Ferraces; mantiveron este Luns, 13 de febreiro; unha xuntanza na Federación Galega de Baloncesto, na que participaron o presidente da entidade, Francisco Martín; a secretaria xeral, Susana Fernández; e a responsable de eventos, Cristina Piñeiro.

Dende a FGB animouse á Escola Basket Xiria a seguir traballando a prol do Baloncesto Base na comarca e volveron a expresar o seu apoio incondicional á iniciativa, considerada xa como un evento de referencia autonómica que mesmo está sendo imitado noutros lugares de dentro e fóra de Galicia.

A FGB está completamente implicada e decidida a colaborar un ano máis coa Escola Basket Xiria para impulsar o evento, que novamente reunirá en Carballo a máis de seiscentos nenos de 5 a 8 anos para desfrutar dunha xornada multideportiva, lúdica e festiva co baloncesto como pano de fondo.

Salientar o respecto que dende a Federación Galega de Baloncesto se amosa pola práctica do Baloncesto nestas idades, materializado coa creación, por primeira vez como competición federada, da Liga BabyBasket, que acolle nenos en idades de 5 a 8 anos e que está a ter un gran éxito e seguimento en distintos puntos de Galicia.

Dende a Escola Basket Xiria preténdese que o DÍA DO PEQUEBASKET sexa o colofón final para estes nenos e nenas que por primeira vez pisan una cancha de básquet e viven una experiencia inesquecible.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.