Deporte Galego

A relación pais e técnicos, primeiro tema das novas xornadas de formación para adestradores

  • 24 Xaneiro 2017 |

Organizadas polo Club Básquet Coruña e avaladas pola FGB, comezan este domingo da man de Madó González, especialista en psicoloxía do deporte e a actividade física.

Nesta segunda edición a temática centrarase nos primeiros anos de formación, con especial protagonismo do minibasket.

Como o pasado ano, a Federación Galega de Baloncesto outorgará 3 horas de formación en cada xornada aos participantes en proceso de obtención de título de adestrador desta disciplina.

(Info: Basquet Coruña) Co inicio do ano, o Club Básquet Coruña anuncia a celebración do seu segundo ciclo de xornadas de formación para adestradores, avaladas pola Federación Galega de Baloncesto.

A primeira sesión terá lugar este domingo, 29 de xaneiro; ás 19:00 horas na aula do Palacio dos Deportes de Riazor e abordará un tema de notable interese social, que é a relación entre os pais dos xogadores e os técnicos, baixo o título "Adestradores e pais, xogamos no mesmo equipo". A xornada correrá a cargo de Madó González, doutora en Psicoloxía e especialista en psicoloxía do Deporte e a Actividade Física, así como monitora e xuíz de atletismo, entre outras facetas profesionais.

Do mesmo xeito que o pasado ano, este ciclo de xornadas está aberto a todos os adestradores e adestradoras de baloncesto da Coruña e de Galicia en xeral. Así mesmo, poden asistir afeccionados ao baloncesto que desexen profundar nos temas abordados, do mesmo xeito que técnicos doutras modalidades deportivas.

Nesta edición do ciclo a temática centrarase nos primeiros anos de formación, con especial protagonismo do minibasket. Para asistir, tan só é necesario comunicalo previamente ao club, enviando un correo á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

A Federación Galega de Baloncesto outorgará 3 horas de formación en cada xornada aos participantes que estean en proceso de obtención dalgún dos títulos de adestrador desta disciplina deportiva.

Un foro estable para a formación e o progreso do deporte galego

Co ciclo "E ti como adestras?", o Club Básquet Coruña pretende favorecer a formación dos seus adestradores/as e abrirse á colaboración con outras entidades deportivas da cidade e a súa contorna, ofrecendo un foro estable no que compartir coñecementos e experiencias da man de profesionais de prestixio, co fin último de contribuír ao progreso do deporte galego mediante a cualificación dos seus técnicos. Tamén se busca aproveitar sinerxias coa Federación Galega de Baloncesto e entre os propios clubs.

Programación

Trala primeira sesión deste domingo no Palacio dos Deportes de Riazor, as restantes charlas celebraranse na Polideportiva de Riazor 1, tamén ás 19:00 horas e co seguinte calendario:

19 de febreiro: "O pase en minibásquet", a cargo de Chiqui Barros.

19 de marzo: "Contraataque en categorías de formación", a cargo de Joaquín Moreira.

23 de abril: "O uso eficaz do bote no minibasket" a cargo de José Angel Rivera Mozan.

21 de maio: "Pintura Barroca Holandesa: metodoloxía de adestramento para categorías de formación", a cargo de Javier Orosa.

18 de xuño: tema e experto pendentes de confirmación.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka