C.B. Maristas Coruña e Seleccións Galegas, da man na busca de #UnacuraparaAdri

Martes, 20 Decembro 2016 09:50

O vindeiro venres, 23 de decembro, aproveitando a presenza das Seleccións Galegas Infantil e Cadete Femininas na cidade de A Coruña, os equipos Maristas Coruña cadete e primeira nacional feminina enfrontaranse á Galicia infantil e cadete, respectivamente; e aproveitarán esta cita para amosar o espírito solidario do Baloncesto. #ActitudparaAprender #UnacuraparaAdri

Durante esta xornada de preparación por parte das Seleccións para a súa participación no Campionato de España, o Club herculino, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, solidarizase con Adri, un rapaz que padece Síndrome de Hunter. O Obxectivo do C.B. Maristas é o de poder axudar a sufragar os custos que supón un proxecto experimental que a familia de Adri quere poñer en marcha para buscar #UnacuraparaAdri .

Adrián foi diagnosticado Síndrome de Hunter ou MPS II en maio de 2016, cando apenas tiña 2 anos. A Síndrome de Hunter é unha enfermidade rara, xenética, dexenerativa, multisistémica e totalmente incapacitante, que actualmente non ten cura. No entanto, existen estudos sobre tratamentos baseados en terapia xénica con resultados esperanzadores que suporían a cura. Co achega de todos poder conseguirse que estes tratamentos cheguen ao mercado a tempo.

Con esta meta, os afeccionados que se acheguen ao pavillón de Maristas na indicada xornada do venres 23 deberán aboar unha entrada simbólica (a vontade). Cada espectador aportará o que crea oportuno. Así mesmo, no descanso do segundo encontro realizarase un sorteo de diferente material deportivo entre as entradas e rifas vendidas. A recadación íntegra irá destinada para que Adri poida cumprir os seus soños e seguir metendo canastras.

O plan concreto de partidos para esta cita solidaria e deportiva é o seguinte:

(16:00 h) Maristas Coruña Cadete - Selección Galega Infantil Feminina

(18:00 h) Maristas Coruña 1º División Nacional Feminina - Selección Galega Cadete Feminina

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.