Deporte Galego

A FGB achégase, de preto, aos clubs da Mariña Lucense

  • 22 Novembro 2016 |

A Federación Galega de Baloncesto, representada polo seu Presidente, Francisco Martín; e Director Técnico de Árbitros; Miguel Ángel Pérez; compartiron na tarde do luns, 21 de novembro, xuntanza cos clubs da zona de A Mariña.

Nesta reunión, presentada como posta en común de ideas e debate de problemáticas, a FGB amosou a súa inquedanza por continuar a mellorar e incrementar as posibilidades da práctica do baloncesto nesta comarca, así como a súa intención de afondar en cuestións sempre de plena actualidade para os clubs da Mariña: formato de competicións, condicionantes xeográficos, seguimento de xogadores e xogadoras e autonomía arbitral, entre outras.

Nesta liña, e como actividade inmediata, presentouse a celebración dun curso presencial de árbitros e oficiais de mesa programado para o vindeiro tres de decembro, actividade formativa sobre a que dispón toda a información para a súa consulta a propia delegación zonal en Lugo.

Este foro serviu ademais para presentar a todos os clubs a nova persoa encargada da tarefa de responsable deportivo zonal, recaendo neste caso esta responsabilidade no adestrador de C.D. San Ciprián, Ignacio Mota.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka