Deporte Galego

Activo o VI Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”

  • 17 Novembro 2015 |

Achégase o remate do ano e con el vén da man o Certame de Debuxo “O Baloncesto e o Nadal”, opción creativa da FGB de cara a elección da postal que felicitará as festas a todos os federados.

Este concurso, que cumpre a súa sexta edición, mantén aberto o seu prazo de participación, o cal se estenderá ata o vindeiro 14 de decembro.

A Federación Galega de Baloncesto abre a convocatoria do VI Certame de Debuxo: “O Baloncesto e o Nadal”. Convidando a participar a todos os xogadores e xogadoras de preminibasket a cadete que o desexen; no día de hoxe a FGB fanse públicas as bases deste concurso e actívase a recepción de propostas para o mesmo. 

O Baloncesto e o Nadal” é a plataforma escollida pola entidade federativa para escoller a que será a imaxe oficial da súa postal de Nadal, acción para a que conta coa colaboración de “la Caixa” e CENOR.

Con interesantes premios para os dous primeiros galardoados, e coa novidade de contar este ano coa elección do segundo premio da man dos seus seguidores na red social Facebook, o certame buscará as mellores propostas de debuxo que vinculen dúas temáticas: a paixón polo BALONCESTO e os mellores desexos para o NADAL.

A data límite para a entrega dos deseños, así como as bases oficiais, normativa e galardóns que acarrea o concurso poden consultarse xa no documento que achegamos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka