Deporte Galego

"Invasión" de baloncesto no centro de Pontevedra

  • 04 Xuño 2015 |
"Invasión" de baloncesto no centro de Pontevedra
(Foto: Pontevedra Viva)

(Info:arxil.es/Pontevedra Viva) Explosión de baloncesto no centro de Pontevedra da man da decimocuarta edición do torneo "3×3" escolar na rúa organizado polo Club Baloncesto Arxil este mércores, 3 de xuño.

Un total de 1.107 escolares déronse cita no evento formando 269 equipos que disputaron ata 600 partidos envoltos nun ambiente festivo. A organización habilitou 30 canastras, dúas delas ocupadas polo Amfiv vigués de baloncesto en cadeira de rodas, co que se trataba de achegar o deporte adaptado aos alumnos dos centros educativos de Pontevedra.

Estiveron presentes no 3×3 ademais do Amfiv, Calasancias, Doroteas, San José, San Bieito de Lérez, Froebel, Barcelos, Campolongo, Carballal Marín, Manuel Vidal Portela, Álvarez Limeses e a Asociación Virxe da O.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka