Deporte Galego

Cadete FGB: decididos os campións e configuradas as Fases Finais A4

  • 04 Maio 2015 |

A fin de semana festiva chegou cargada de feitos decisivos para o devir das competicións de 1º División Cadete FGB. Estudiantes Lugo e Carmelitas Vedruna, en masculino e feminino, respectivamente; rubricaron a súa posición de líderes e recolleron, en virtude da mesma, o trofeo oficial FGB que os acredita como Campións de liga.

Liga FGB Cadete Masculina 2014 - 2015

Campión: Estudiantes Lugo Leyma Natura 

IMGP8131

Os lucenses recibiron a súa Copa de mans de Alejandro Alcalde, Responsable FGB de Relacións cos clubs

Liga FGB Cadete Feminina 2014 - 2015

Campión: Codigalco Carmelitas

P1010278

As campioas cadetes, ledas ao recibir o seu trofeo de mans de josé Luis Pérez, Responsable FGB de relacións cos Clubs

Fases Finais A4
Co campionato xa no peto, ourensás e lucenses agardan agora coñecer a identidade dos equipos subcampións, aqueles que os acompañarán representando a Galicia nos Campionatos de España de Clubs Cadetes.

Para este propósito daranse cita este sábado 9 e domingo 10;  en sendas Fases Finais A4 os equipos clasificados entre o 2º e o 5 º posto, desputando ambas as Fases baixo a seguinte orde e localización:

Fase Final A4 Cadete Feminina: 09/05/14 – Vilagarcía de Arousa
Equipos: La Cibertienda CLB ( 2º clasificado e organizador), R.C. Celta Selmark (3º), Estudiantes Lugo Leyma Natura (4º) e Pontumio Óptica Tabora (5º)

Fase Final A4 Cadete Masculina: 10/05/14 – Santiago de Compostela
Equipos: Instituto Rosalia (2º clasificado e organizador), Carballo a Un Paso (3º), Bosco Salesianos 99 (4º) e CB Tui Construcciones Cal (5º)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka