Deporte Galego

Seis do Nadal - Coia presenta o seu 15º torneo internacional de minibásquet "Concello de Vigo" 2015

  • 30 Abril 2015 |

(Info: C.B. Seis do Nadal) Participarán 24 equipos, 12 masculinos e 12 femininos, con máis de 300 participantes. O venres día 1 de maio será o torneo de categoría feminina e o domingo 3 de maio en categoría masculina. O Pavillón de Navia acollerá os 42 partidos que se disputarán do torneo.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nesta tempada 2014/15 a 15ª Edición do Torneo Internacional de Minibásquet "Concello de Vigo" 2015, unha cita anual do noso club coas categorías inferiores que se celebrará os próximos días 1 e 3 de maio do 2015.

Este Torneo de Minibásquet, un dos torneos con maior tradición e prestixio da comunidade galega, cumpre xa a súa décimo quinta edición e reunirá nos próximos días 1 e 3 de maio a 24 equipos de Vigo, da comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, xuntando a máis de 300 deportistas e preto de 40 técnicos.

Nesta nova edición o torneo terá como marco dos encontros o Pavillón Municipal de Navia contando cun total de catro pistas nas que se xogarán 42 partidos ao longo das dúas xornadas. O venres día 1 de maio terá lugar a competición de categoría feminina, sendo o domingo 3 de maio o torneo para os equipos de categoría masculina.

Os clubs que participarán no torneo con dous equipos, un masculino e outro feminino son, ademais do anfitrión Seis do Nadal, que participará con dous conxuntos en cada categoría, o Colexio Salesianos (Vigo), o Carmelitas Ourense, o Eduardo Blanco Amor (Ourense), o Giraldo CB (Vilagarcía de Arousa) e o FC Porto (Portugal). A categoría feminina será completada polos equipos Colexio Mariano (Vigo), Cía María (Vigo), Marín Peixegalego (Marín), AD Cortegada (Vilagarcía de Arousa) e Pío XII (Santiago de Compostela). O equipo da Liga LINCO Class e os equipos Cía María (Santiago de Compostela), Porriño Bto. Base, Sigaltec BBC (Vilagarcía de Arousa) e CB Allariz, completarán o cadro alevín masculino do torneo.

Os doce equipos que participarán nesta nova edición en cada categoría buscarán revalidar o título que xa poseen nas súas mans o Seis do Nadal Celso E. Ferreiro e o Pío XII, campións feminino e masculino da pasada edición celebrada fai un ano.

Ademais esta nova edición conta, como novidade, coa colaboracíon de Entreculturas, unha ONG que desenvolve programas que facilitan o acceso á educación a máis dun millón de perosas. A través da actividade "La Silla Roja", Entrecultura tratará de achegar a tódolos participantes do torneo a realidad que viven máis de 58 millóns de nenos e nenaas. Ademais durante toda a xornada haberá unha recollida de firmas para apoiar á educación.

Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo, felicitou á entidade viguesa polo seu excelente traballo no deporte de formación e, máis concretamente, no torneo de minibásquet. Durante a Presentación Oficial do evento, Manel Fernández asinou o convenio de colaboración do proxecto Gañamos Todos, convenio que tamén foi asinado por Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quen estivo acompañada por Ramón Román, Directivo da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka