Deporte Galego

Campionato de España de Clubs Júnior Feminino 2015: calendario

  • 28 Abril 2015 |

O Calendario do Campionato de España de Clubs Júnior Feminino 2015 atópase xa en circulación. A Federación Española de Baloncesto deu a coñecer esta mañá de martes a composición de grupos e enfrontamentos desta cita, que suma a súa XXXV edición tendo lugar en Guadalajara a cargo da Federación de Baloncesto de Castilla La Mancha.

Real Club Celta Selmark (1º Galicia) e Peleteiro (2º Galicia) serán os nosos representantes entre os 32 equipos que comparecerán neste nacional entre os días 10 e 16 de maio. 

Para coñecer e consultar os grupos, rivais e partidos que agardan a viguesas e santiaguesas, detallamos o Calendario no documento que se achega.

GRUPO E: Real Club Celta Selmark, Valencia BC, Perfumerías Avenida e CD Basket Mar Grupo.
GRUPO B: Peleteiro, AROS ULE, CDB Grupo 76 Alkasar e Plasencia.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka