Deporte Galego

Aberto o prazo de inscrición para o Día do Pequebasket

  • 07 Abril 2015 |

A festa anual que organiza a Escola Basket Xiria para nenos e nenas de 5 a 8 anos podería contar por primeira vez con equipos de fóra da comunidade galega

A Escola Basket Xiria espera reunir o vindeiro 17 de maio en Carballo a máis de 500 nenos e, en consecuencia, a máis de 500 familias que compartirán con nós unha xornada de deporte, cultura, xogos e diversión que será posible grazas á implicación de institucións como o Concello de Carballo, a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Baloncesto, e á colaboración de numerosas empresas e entidades ás que queremos agradecer publicamente o seu esforzo.

Onte día 6 abriu o prazo de inscrición, aínda que xa son numerosos os clubs que se interesaron pola iniciativa. O equipo organizador do 3º Día do Pequebasket leva varias semanas traballando na programación da xornada lúdica, festiva e deportiva que se celebrará o Día das Letras Galegas, que xa está considerada xa como un evento de referencia autonómica e que mesmo está sendo imitado en outros lugares de dentro e fóra de Galicia.

Precisamente, dado o éxito e a repercusión que tivo o 2º Día do Pequebasket, nesta terceira edición barállase a posibilidade de contar con equipos de fóra da comunidade autónoma e incluso procedentes do Norte de Portugal.

A inscrición formalizarase a través da Federación Galega de Baloncesto, pódese descargar na web www.diapequebasket.es e unha vez cuberta a ficha de inscrición, deberase de enviar ao correo da FEGABA Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. , ata o mércores 29 de Abril.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka