Deporte Galego

En marcha o Torneo de Semana Santa Minibasket 3X3 de Universitario Ferrol

  • 24 Marzo 2015 |

(Info: Universitario Ferrol) O Torneo de Minibasket 3x3 que todos os anos, en Nadal e Semana Santa, organiza o Universitario Ferrol co patrocinio do Concello de Ferrol (Deportes) e a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, McDonald's, Coca Cola e GADIS, chega á súa 30ª edición coa firma STAR CENTER uníndose á nómina de empresas colaboradoras.

Esta nova edición, como sempre, reunirá no Pavillón de Esteiro, o luns 30 e o martes 31 deste mes de Marzo, a trinta e dous equipos que, durante dúas mañás, gozarán facendo o que máis lles gusta, xogar ao basket.

Durante esas dúas mañás máis de 120 xogadores e xogadoras (de 3º a 6º de Ed. Primaria) disputarán partidos de 10 minutos, reestruturándose os grupos a 2ª xornada para buscar a maior igualdade posible. Os equipos están formados por 4 xogadores como máximo, o que obriga a que teñan que xogar todos, co que xogadores que en ocasións non xogan moito nos partidos da competición habitual, aquí gozan de moitos minutos de cancha. Apuntar tamén que para participar non é preciso estar federado, nin xogar no mesmo equipo.

Seis equipos non puideron participar en Nadal por superarse o tope de 32 inscripciones. Agora nesta edición de Semana Santa terán a oportunidade de ser parte dunha nova edición.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka