Deporte Galego

O Arxil presenta á gran familia verde no seu trixésimo aniversario

  • 17 Marzo 2015 |

O club reuniu a máis de 200 xogadoras de base nas diferentes categorías que forman a entidade nun acto no que a Federación Galega de Baloncesto estivo representada polo seu Responsable de Relacións cos Clubs, José Luis Pérez.

(info: C.B. Arxil) O Arxil cumpre tres décadas de historia gozando dunha saúde de ferro. O conxunto pontevedrés logrou a través do tempo non só asentarse na cidade e no baloncesto feminino nacional, senón tamén edificar unha base ao alcance de moi poucas entidades deportivas.

Na noite deste luns o pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva engalanouse para celebrar a presentación oficial de todos os conxuntos que conforman a canteira arxilista e o primeiro equipo, o de Liga Feminina 2.

tarta

A presentación estivo a cargo de dous ex preparadores físicos do Club que levaron a batuta “Carlos Cerviño e Javier López Viñas”. Ao acto asistiron o Alcade de Pontevedra, Miguel A Lores; en representación da Secretaria Xeral para o Deporte, Daniel Benavides; a representante da Deputación Provincial, Ana Isabel Vázquez; o Responsable de Relacións cos Clubs da FGB, José Luis Pérez; e Lupe Murillo, en nome do Pontevedra CF.

lino

Máis de dous centenares de xogadoras baixo un mesmo escudo e cor fixeron que o multiusos, que goza das evolucións do club de forma permanente, se quedase pequeno para ver como as integrantes da entidade presumían de sentimento arxilista.

Hoxe en día a base do club confórmana unha Escola baby, tres preminibasket, outros tres minibasket, catro infantís, tres cadetes, un júnior, o Arxil Mafari Café sénior (filial) e o equipo que dirixe Mayte Méndez (LF2), que segue soñando con poñerlle a guinda a unha tempada histórica disputando o play-off de ascenso.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka