Deporte Galego

Bota a andar a II edición do programa 'Colexios BasketLover 2015'

  • 15 Xaneiro 2015 |
Bota a andar a II edición do programa 'Colexios BasketLover 2015'
(Foto: FEB)

(Área de Comunicación FEB) Tras o éxito do ano pasado no que participaron 60.000 alumnos, a FEB e Endesa convocan un concurso de debuxo inspirado na innovación aplicada ao baloncesto e que nesta edición contará coa adhesión da Federación Galega de Baloncesto.

Celebrando o bo resultado da primeira edición do concurso Basketlover para colexios, na que participaron máis de 60.000 alumnos de toda España, a Federación Española de Baloncesto, en colaboración con Endesa, convoca un novo concurso destinado a estudantes de entre 8 e 12 anos apaixonados do baloncesto. Nesta segunda edición, na que a Federación Galega de Baloncesto se suma de cheo á iniciativa, os participantes terán que enviar un debuxo aplicando a innovación ao mundo do baloncesto.

Partindo de traballos en equipo, os colexios e alumnos participantes poderán optar a gañar premios, tanto individuais como colectivos, que axudarán a promover os hábitos saudables, deportivos, innovadores e lúdicos.

Para poder participar os responsables de cada colexio poden inscribirse na web do concurso www.colegiosbasketlover.com e convidar aos seus alumnos a participar en equipos de ata 5 estudantes. Cada colexio seleccionará o seu representante que competirá contra outros centros ata que un xurado de expertos da Federación Española de Baloncesto e Endesa, seleccione os 10 proxectos mellores que participarán nunha votación popular online.

O colexio vencedor recibirá unha dotación económica de 3.000 euros en material deportivo e a cada alumno se lle fará entrega dunha tablet. Os dous finalistas recibirán 2.000 e 1.000 euros en material deportivo respectivamente e diferentes obsequios para cada alumno participante. Ademais destes recoñecementos, os tres ganadores participarán nun Clinic de Baloncesto impartido por lendas do baloncesto como Jorge Garbajosa, Amaya Valdemoro, Fernando Romay ou Elisa Aguilar.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka