Deporte Galego

1º Torneo Solidario de Baloncesto - C.B. Nigrán

  • 19 Decembro 2014 |

C.B. Nigrán, en colaboración con CÁRITAS NIGRÁN, organiza o 1º Torneo Solidario de Baloncesto que se desenvolverá no Pavillón do CPI de Panxón os días 22 e 23 do presente mes de decembro.

(Info: C.B. Nigrán) Máis de 15 Clubs de toda Galicia confirmaron xa a súa asistencia a este torneo. C.B. Arxil CB Porto do Son, Pabellón Ourense, Defensores do Morrazo, Salesianos de Vigo ,CB Redondela ou CB Salceda de Caselas, entre outros, ademais dos equipos das escolas deportivas do propio CB Nigrán, o seu equipo de iniciación e os seus equipos federados acudirán á vila pontevedresa e encherán o Pavillón con máis de 50 equipos de básquet . 

600 nenos e nenas gozarán practicando o seu deporte favorito ao longo de dúas xornadas que terán ademais un importante carácter solidario xa que cada un dos xogadores que participen aportarán un alimento non perecedero. Posteriormente, no acto de clausura do torneo a totalidade dos alimentos recollidos serán entregados a Cáritas Nigrán co fin de ser destinados ás familias máis necesitadas desta localidade.

Competición
A distribución das categorías realizarase do seguinte xeito: Luns pola mañá categoría Junior, pola tarde categoría Baby e Benxamín. O martes pola mañá será a quenda para a categoría Cadete e o martes pola tarde para a categoría Alevín. Ademais dos encontros deportivos realizaranse os sorteos de varios agasallos entre os asistentes.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka