Deporte Galego

Campus de Baloncesto 2014 en Oca Nova Manzaneda, da man do COB

  • 19 Maio 2014 |

Club Ourense Baloncesto mantén en marcha ou seu proxecto: Campus Baloncesto COB Oca Manzaneda 2014, establecido para o período vacacional, entre o 26 de xuño ao 1 de xullo de 2014.

Nesta primeira edición do Campus, a intención do Club Ourense Baloncesto, é aproveitar as vacacións escolares para seguir dotando aos máis novos da posibilidade de perfeccionarse no baloncesto ou iniciarse, xa que os seus grupos serán adaptados ao nivel dos xogadores participantes, os cales poden ser nenos e nenas de idades que van desde os 9 ás 18 anos.

Con este Campus Baloncesto COB Oca Manzaneda 2014 o club da cidade das Burgas aposta polo deporte base e a formación deportiva multidisciplinar, xa que ademais dos contidos técnico-tácticos específicos de baloncesto, levaranse a cabo propostas polideportivas (natación, tenis, escalada, tiro con arco, acampada, sendeirismo, diferentes talleres xogos cooperativos, técnicas de primeiros auxilios etc).

OCA NOVA MANZANEDA: sede idónea
O Campus celebrarase nas instalacións OCA Nova Manzaneda (Cabeza de Manzaneda), un lugar axeitado para aunar na mellor sintonía o aloxamento e as instalacións deportivas e lúdicas precisas, todo iso nunha contorna natural, que lle dará un encanto especial.

campus COB 2014B-02

Para poder acceder á información detallada deste I Campus de Baloncesto 2014 en Oca Nova Manzaneda (inscricións, prezo, oferta formativa, etc) podes acceder á web oficial do propio COB, así como aos seguintes email e teléfono de contacto:

Email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Tlf: 988 100 001

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka